En Xente Dixital estamos empeñados en demostrar que as redes sociais poden axudar ás pequenas empresas. E ás non tan pequenas. Recuperamos 3 casos de éxito dos que xa vos falamos: Hostal e Apartamentos Rodeiramar, Abastos 2.0 e mcafe; os tres contaban a súa experiencia nas xornadas de Redes Sociais e Comunicación 2.0, do Programa de Voluntariado Dixital, celebradas en xuño do ano pasado.
Hostal e Apartamentos Rodeiramar
En outubro pedíamoslle a Merchi, de Hostal e Apartamentos Rodeiramar, que se puxera diante da cámara para que nos contara como os axudan as redes sociais. De Youtube á TVG pasando pola comunicación en redes sociais e a través da páxina web.
Abastos 2.0
No blog de Laura Camino buscamos as principais conclusións da experiencia de Iago e Marcos en Abastos 2.0. Estades pensando en levar a vosa empresa á rede e non sabedes como? Linguaxe sinxela, imaxe coidada e comunicación efectiva a través da web, do blog e das páxinas de Facebook e Twitter.
Mcafe
Onte falabámosvos de que comunicar en Instagram é unha boa idea porque non hai moitas empresas que o fagan. Se sodes usuarios de Foursquare e paseades pola Rúa Fonte de Santo Antonio, en Santiago de Compostela, é probable que decidades entrar no m* café. María combina café e pasteis con comunicación a través do blog e de Twitter.




