Máis alá dos smartphones ou das tabletas, o Nadal 2014 vai a servir para impulsar o sector dos wearables, dispositivos con forma de reloxos ou pulseiras que ofrecen información en tempo real ao usuario e que dependen, por agora, dos teléfonos móbiles.
Samsung, en colaboración co Centre for Retail Research (CRR), publicaba a mediados de novembro un informe que prevé unhas vendas durante a campaña de Nadal en España, de máis de 450.000 unidades deste tipo de dispositivos. O estudo baséase na análise das vendas durante este ano de 50 cadeas comerciais de Reino Unido, Alemaña, España e Holanda.
O índice de penetración dos wearables aínda é pequeno pero espérase que aumente notablemente porque o 83 % dos cidadáns fai un consumo alto de internet e o 66 % dispón dun teléfono intelixente.
O reloxo intelixente está gañando adeptos porque mellora a funcionalidade do móbil, permite un maior control das notificacións. Ademais, unha das principais vantaxes é que facilita o uso de aplicacións destinadas á práctica do deporte e o coidado da saúde; a sondaxe estima que nestas datas, o 27 % das compras serán de dispositivos con funcionalidades para o fitness e as actividades deportivas. No terceiro lugar das expectativas están os smartwatches e as smartcameras cun 20 % cada un.




Muy buen blog y muy informativo.
La verdad que lo sigo a menudo
También quería aprovechar que el mercado de relojes inteligentes es un mercado en alza y con gran proyección.
Nosotros tenemos una tienda online de este tipo de relojes inteligentes y si queréis algún tipo de información estaremos dispuesto a facilitaros.
Un saludo