Seguro que cando falamos de videoxogos non pensades en Galicia como lugar de referencia. A mellor maneira de rematar a serie de posts sobre videoxogos, é achegándonos a dúas producións galegas: AR-K e Tutu.
AR-K
AR-K é unha aventura gráfica desenvolvida pola empresa galega Gato Salvaje. Dispoñible para Android, iOS, PC e Mac, é un videoxogo no que avanzamos resolvendo crebacabezas integrados na historia, e non a través de loitas ou acción directa. Conta a historia de Alicia, estudante de xornalismo que se enfronta a unha serie de acontecementos que a levan a plantexarse a súa forma de vida.
Greg Rucka, guionista de series como Batman, Superman, Lobezno ou Spiderman, colabora con Gato Salvaje no guión de AR-K.
Tutu
Tutu é un videoxogo infantil creado pola empresa galega Ficción Producciones. Os nenos poderán aprender as cores, os números…, a través das historias de Fante, Rafa, Nina, Vella, Tupa…, e Tutu. Está dispoñible para PC, Android e iOS.
Gato Salvaje, Ficción Producciones ou outras empresas como Moonbite Games, son a proba do bo traballo que se está a facer en Galicia no mundo dos videoxogos.


http://buenasnoticiasdeempresas.blogspot.com.es/2014/11/el-proyecto-viguess.html
http://buenasnoticiasdeempresas.blogspot.com.es/2014/11/el-proyecto-vigues-war-of-sides.html
La semana que viene hablamos de videojuegos en Xente Dixital 😉 Gracias por el aviso 🙂