A execución do Plan de Banda Larga é unha tarefa complicada. É por iso que ante un proxecto que se ramifica, e que afecta a tantos axentes, precise dun lugar onde, todos poidan recibir información precisa. Por este motivo nace a Oficina Técnica do Plan de Banda Larga.
A Oficina Técnica é un recurso da Xunta de Galicia que, dentro do marco do Plan banda larga, pon en marcha distintos servizos para apoiar o desenvolvemento das distintas actuacións do plan:
- Centralizar e canalizar toda a información referente ao Plan de Banda Larga premitindo dispor dunha visión global do proxecto
- Dotar a todos os axentes implicados no plan e a todos os cidadáns galegos, dun punto de vista único de referencia para tratar de dar resposta ás necesidades particulares de cada un sobre o plan de banda larga
A Oficina Técnica constitúe un punto único centralizado de referencia para todos os axentes involucrados no Plan de Banda Larga, e calquera interesado pode contactar coa Oficina. É un servizo dispoñible para todos os cidadáns, e podes contactar con ela ben sexa a través dun correo electrónico (oficina.bandalarga@xunta.es) ou, se non tes internet, a través do teléfono 981 957 868 (de luns a venres, de 9:00h a 15:00h)
Para consultar os avances do plan cidadáns e empresas teñen a súa disposición a aplicación rede http://cobertura-pdbl.xunta.es, na que poden coñecer os avances do Plan no seu núcleo de poboación e tamén se poden informar na oficina de banda larga oficina.bandalarga@xunta.es e no teléfono 981 95 78 68.

