Equipaxe de man, blog de viaxes en galego

equipaxe de man

Unha das consecuencias positivas de mesturar tecnoloxía e turismo son os blogs de viaxes: sitios na rede cheos de ideas para viaxeiros, e unha oportunidade para calquera destino de gañar visitantes. Equipaxe de man é un blog colaborativo e en galego, formado por unha ducia de viaxeiros afecionados a percorrer mundo e a compartir as súas experiencias. A piques de cumprir un ano de vida, xa nos deron preto de 300 recomendacións e, entre outros fitos, foron finalistas no MexilOnseTuits, Festival Social Media de Galicia, na categoría de mellor blog turístico.

Un dos seus obxectivos é chamar a atención sobre os lugares que paga a pena visitar en Galicia. Seriades capaces de facer 130 propostas de viaxe sen saír da nosa comunidade? A Guarda, Allariz, Combarro, Corrubedo, as Cíes, os Ancares, o Caurel, Viveiro…, e a Costa da Morte, lugar de nacemento do proxecto.

Budapest

Budapest

Pero tamén podedes dar a volta á mundo seguindo a lista de países sobre os que escribiron. Pódese escoller entre Alemaña, Bélxica, Francia ou Italia en Europa, Costa Rica ou México en América Central, Ecuador ou Brasil en América do Sur, os Estados Unidos… Tamén hai destinos menos populares dos que seguro podedes aprender unha chea de cousas: pensastes en visitar a India, China ou incluso en facer un percorrido por Palestina?

Ademais de recomendacións de viaxes tamén nos dan outros trucos e consellos interesantes: un curso rápido de idiomas para viaxeiros, unha lista de xogos para as viaxes máis longas… Incluso contan como percorrer mundo sen saír da casa; non nos credes?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.