España, entre os 25 países máis atractivos para o comercio electrónico

Global Retail Ecommerce

A consultora A.T. Kearney ven de publicar o informe “The 2015 Global Retail E-Commerce Index” que contén unha lista cos mercados mundiais que ofrecen un maior atractivo para o comercio electrónico. España aparece por primeira vez entre os mercados máis atractivos para o ecommerce.

O ranking está encabezado por Estados Unidos que consegue unha nota de 79,3 puntos sobre 100. Téñense en conta 4 factores: o tamaño do mercado online de cada país, o comportamento dos consumidores, o potencial de crecemento e a situación das infraestruturas que facilitan o comercio electrónico. China aparece no segundo lugar, seguida de Reino Unido, Xapón e Alemaña.

Global Retail Ecommerce2

España aparece no posto 18 por detrás de Holanda, Dinamarca, Suecia e México e por diante de Chile, Noruega, Brasil ou Italia.

Por outra banda, o estudo contén os datos do comercio electrónico nos últimos anos, unha previsión da tendencia ata o 2018, onde se espera que acade os 1.500 millóns de dólares, e a porcentaxe de crecemento interanual. Como credes que vai evolucionar o sector nos próximos anos?

Fonte: osimga.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.