Estades a tempo de participar no concurso de curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020

Mobile_Video_on_Apple_iPhone_5

A Amtega amplía ata o 30 de novembro o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. O concurso está dirixido a estudantes de ESO ou Bacharelato de Galicia de entre 14 e 18 anos.

Os estudantes que queiran participar deben gravar un vídeo dun máximo de 3 minutos onde se visualice como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro. Poden participar individualmente ou en grupos de ata 5 persoas. Os centros educativos interesados poderán inscribirse de xeito gratuíto a través do formulario online dispoñible no blog Axenda Dixital 2020. Ademais de completar o formulario deberá achegarse a ligazón ao vídeo subido previamente a Youtube.

Gañadores e premio

Os vídeos recibidos serán votados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as novas tecnoloxías. Os finalistas publicaranse no Facebook da Amtega dentro do apartado “Elixe o vídeo finalista do concurso!” no que poderedes votar o vídeo que máis vos guste. Os vídeos gañadores serán os dous que máis gústames obteñan.

O premio consiste nunha tablet para cada alumno responsable do vídeo máis votado, e unha minitablet para cada un dos participantes no segundo vídeo máis votado. Os dous vídeos serán publicados como gañadores no blog e na páxina de Facebook da Amtega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.