Faite Dixit@l: Ciclo de Faladoiros Dixitais

FaladoirosDixitais_FaiteDixital

Se o luns vos falabamos dos cursos e do concurso de aplicacións móbiles de Faite Dixit@l, hoxe toca atender ao Ciclo de Faladoiros Dixitais. Actividades gratuítas que ofrecen espazos de mellora e asentamento das capacidades tecnolóxicas. Falouse de Innovación social, falarase de impresión 3D e de internet das cousas nos seminarios de expertos, e coñeceremos casos de éxito de aplicacións móbiles e marca persoal.

Innovación social

O 28 de outubro celebrouse no Espazo WekCo da Coruña un evento no que se falou de innovación social dende distintos puntos de vista. Networking, coworking, proxectos colaborativos, innovación social no ámbito da saúde e do benestar social, etc., foron algúns dos temas tratados polos ponentes. Podedes acceder ao vídeo completo do evento aquí.

Seminarios de expertos

Trátase de actividades nas que abordar temáticas especializadas sobre como aplicar as novas tecnoloxías en distintos ámbitos profesionais. Os seminarios terán unha duración máxima de 2 horas e poderase participar dende a rede de aulas CeMIT.

Mañá, no Centro de Novas Tecnoloxías CNTG en Santiago, terá lugar o seminario Imaxina e crea: Impresión 3D. Que usos lle podemos dar a esta tecnoloxía? Como se está a aplicar e cales son as tendencias de futuro?

Se o que vos interesa é a Internet das cousas, a cita é o martes 9 de decembro no salón de actos do edificio da Amtega, na Cidade da Cultura. Achegádevos se queredes saber máis sobre como afecta ou como pode afectar internet ao uso de obxectos cotiáns.

Casos de éxito

Co mesmo formato que os seminarios de expertos, celebraranse dúas xornadas nas que poderedes achegarvos a distintos casos de éxito no uso das TIC. O 21 de novembro, na aula CeMIT de Pontevedra, varios ponentes compartirán as súas experiencias e contarán como puxeron as novas tecnoloxías ao servizo da súa marca persoal.

O 25 de novembro, no Centro de Novas Tecnoloxías CNTG en Santiago, as experiencias estarán relacionadas co desenvolvemento de aplicacións móbiles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.