A principios de setembro presentabámosvos a iniciativa Faite Dixit@l: 160 actividades gratuítas ata decembro para favorecer a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais.
Os bloques temáticos do itinerario son: configuración de dispositivos móbiles e programación de aplicacións, ferramentas web 2.0 para o desenvolvemento de contidos especializados no eido da Sociedade da Información e estratexias de marketing online orientadas ao comercio electrónico.
Sabedes a que cursos podedes asistir nos próximos días? Consultade o calendario completo aquí.
As actividades realizaranse a través da rede de aulas CeMIT e contarase coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRS) e da Asociación Redeiras de Galicia, que axudarán a difundir a iniciativa e acollerán as actividades nas localidades sen aula CeMIT.
Podedes inscribirvos nas aulas da Rede CeMIT e a través da súa web. Cada actividade terá unha duración de entre 25 e 30 horas, repartidas en sesións diarias de 4 horas e difundidas a través do sistema de videoconferencia do que dispoñen as aulas CeMIT.



