Hoxe en Xente Dixital ensinámosche a agrupar todas as túas ferramentas de mensaxería instantánea favoritas nunha soa aplicación: Franz WhatsApp, Telegram, Skype, Facebook Messenger, Google Hangouts… dá igual cantas ferramentas empregues no teu ordenador. Con Franz podes telas todas baixo control.

Ata o momento, Franz é capaz de engadir os serfizos relativos a: slack, mesenger, whatsapp, telegran, skype, wechat, hipchat, chatwork, flowdock, hangouts, groupme, rocketchat, mattwermost, grape, gitter, tweetdeck, dingtalk, steam chat, discourd, gmail, outlook e mysms. E prometen seguir engadindo servizos.
Cada vez que engadimos un servizo, podemos saltar entre diferentes lapelas para ter acceso a todos estes servizos.

Outra vantaxe é que podemos recibir notificacións nativas de cada un destes servizos no noso computador. Por suposto, tamén podes silenciar as notificacións, para que non che estorben mentres traballas.
Cada vez que abrimos Franz, todos estes clientes de mensaxería que temos engadidos ábrense automáticamente, sen ter que estar iniciando sesión constantemente. E como están separados do navegador (xa que é un programa aparte) non consumen tanta memoria e evita que se colgue Chrome ou Firefox.
Outra vantaxe é que podemos engadir un mesmo servizo varias veces. Imaxina que tes dous teléfonos móbiles con whatsapp (un persoal e outro de traballo). Pois poderías recibir en dúas lapelas diferentes as mensaxes deses dous teléfonos móbiles.
Franz é un software gratuíto que está dispoñible para Windows, Mac e Linux dende a web dos seus creadores.

