Gaio, tradutor automatizado para profesionais públicos

gaio

A Amtega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de poñer en marcha o tradutor automatizado Gaio. Desenvolvido pola empresa galega Imaxín Software, busca reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local, facilitarlle aos profesionais públicos a tradución directa e inversa galego-castelán de documentación, páxinas web, correos electrónicos, etc.

Gaio facilita a tradución inmediata de grandes volumes de documentación e a tradución de páxinas web, informes, etc. Ademais contempla terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia das entidades: nomes de consellerías, concellos, altos cargos, órganos de goberno, etc.

Permite traducir do galego ao castelán e ao portugués; está dispoñible para os profesionais municipais e autonómicos a través do portal Eido Local e da intranet da Xunta.

Gaio por dentro

Os profesionais da Administración poderán empregar Gaio dende o seu navegador; as funcionalidades da web son as seguintes:

  • Tradución de documentos. Selecciónase o documento que se quere traducir, a dirección de tradución (castelán-galego ou galego-castelán), indícase o formato do arquivo, e se se quere marcar as palabras descoñecidas. Despois de facer clic en “traducir” aparecerá un arquivo co mesmo nome pero co engadido –es ou –gl, no escritorio do ordenador.
  • Tradución de texto plano. Chega con pegar o texto que se quere traducir na caixa de texto, seleccionar a dirección de tradución e facer clic en “traducir”. Tamén se poden marcar as palabras descoñecidas.
  • Navegación e tradución. Primeiro selecciónase a dirección de tradución e despois pégase a URL da web que se quere traducir; exemplo: http://imit.xunta.es/portal/

Ademais hai unha sección de axuda na que se pode descargar un manual en PDF e outra de preguntas frecuentes sobre o funcionamento básico do tradutor.

1 comentario

  1. Pingback: A app do mes | O tradutor Gaio chega aos móbiles - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.