Como sabemos que en vacacións botarás de menos a conexión a internet, aquí che deixamos uns consellos para que te poidas conectar este verán… e ler as nosas actualizacións!
As dúas opcións máis asequibles pasan por wifi, dunha banda, ou conexión 3G, por outra.
Redes Sen Fíos
Antes de saír de vacacións, podes utilizar bases de datos creadas por usuarios, como http://www.quewifi.es/ ou utilizar aplicacións para smartphone como http://www.yellwifi.com/. Polo normal, atoparás redes sen fíos gratuítas en bibliotecas públicas e nunha boa parte dos bares (se ben terás que consumir algo para que che faciliten a clave).
Cando te conectes a unha rede sen fíos pública, ten moito coidado cos datos que compartes. Tes aquí unhas recomendacións que deberías ter en conta.
Redes móbiles
A outra opción é utilizar as redes móbiles de telefonía para ter acceso á Internet. Has de ter en conta, antes de decidirte por unha compañía ou outra, as seguintes recomendacións
- Consulta os prezos das operadoras, xa que podes atopar tarifas máis económicas ca outras. De feito, se che é suficiente con 1gb, podes atopar tarifas que van dende os 6€ ao mes.
- Consulta a cobertura das operadoras, xa que non todas teñes a mesma rede, nin operan en todos os lugares. Especialmente has de ter en conta isto se o teu destino é un destino rural ou pouco poboado.
- Prevé o lugar a onde vas. Se vai a haber moita actividade nuns días, é posible que durante o evento falle a cobertura. Algunha vez quedaches sen servizo en fin de ano? Ás veces pasa (hai anos ocorría con moita máis frecuencia), sobre todo cando hai unha boa concentración de xente. O “apagón” non dura moitas horas, pero é molesto.
- No caso de mirar OMV (operadores móbiles virtuais) consulta a cobertura da empresa que lles provee o servizo, xa que dela dependerá a cobertura.
E un derradeiro consello antes de que marches de vacacións: na túa casa, apaga o router: aforrarás enerxía e evitarás intromisións na túa rede. Felices vacacións!
Amplía información con estoutros consellos.


Eu sempre comparto a miña conexión do smartphone co ordenador. Se vexo que o que preciso require de moito tempo, prefiro ir a unha biblioteca pública ou a un bar de confianza.