Guía práctica | Como aumentar o número de seguidores en LinkedIn

Foto: http://ballantynetaylor.co.nz/

Foto: http://ballantynetaylor.co.nz/

Máis alá de aumentar a comunidade de seguidores que ten a nosa marca en Facebook ou Twitter, para algunhas empresas é importante contar cunha presenza importante en LinkedIn. Como conseguimos que aumente o número de seguidores nesta rede social?

  • Personalización da páxina. Temos que coidar a imaxe (uso de logotipo, deseños corporativos e fotos) que ten que ser homoxénea en todas as redes sociais nas que a empresa estea presente.
  • Informar das vacantes. É unha das estratexias máis efectivas para gañar seguidores en LinkedIn. Se os usuarios saben que actualizamos esta información, estarán atentos á actividade da marca.
  • Interactuar cos seguidores. Facer preguntas, responder comentarios… Temos que ser activos e non só coidar a imaxe ou a información básica sobre a empresa que publicamos.
  • Aproveitar as aplicacións. As aplicacións de LinkedIn dannos máis funcionalidades e poderemos, por exemplo, subir un portfolio profesional ou compartir un documento cos nosos seguidores.
  • Publicar novas periodicamente. Actualizade LinkedIn con contido propio ou con novas de interese para o voso sector.
  • Anunciarse en LinkedIn. Coñecedes LinkedIn Ads? Para algunhas marcas pode ser interesante anunciarse nesta rede social. Non hai investimento mínimo.
  • Promocionar a páxina de LinkedIn na web. Se para vós é importante a páxina de LinkedIn promocionádea a través da páxina web. Temos que levar usuarios dun sitio ao outro.
  • Crear un grupo profesional. Para debatir sobre a actualidade do sector. Desta maneira entraremos en contacto con usuarios interesantes para nós.

Que máis se vos ocorre? Como podemos mellorar aínda máis a presenza en LinkedIn?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.