Nas últimas guías prácticas contámosvos como gañar seguidores en Facebook ou Twitter. En Google+ é máis complicado gañar seguidores, o principal obxectivo é mellorar o posicionamento da marca, pero podemos coidar algunhas claves que nos axuden a conseguir unha comunidade crecente.
- Engadir persoas e empresas nos círculos da empresa. Se os engadimos, é probable que nos inclúan nos seus círculos. Temos que incluír iso si usuarios afíns ou que pertenzan ao noso sector de actividade.
- Usar Google Hangout. É unha das ferramentas máis interesantes que nos ofrece Google+. Serve para falar con calquera contacto de Google e para moito máis: celebrar eventos online, cursos, entrevistas de traballo, dar soporte técnico, etc. Ocorrérasevos ofrecer estes servizos por esta vía?
- Crear contido específico. Se podedes, sempre é boa idea publicar contido específico para cada unha das redes sociais nas que comunicamos. Se o contido é interesante, daralle valor á rede e contribuirá a gañar seguidores.
- Usar Google AdWords. Podemos usar os anuncios de Google para levar tráfico á páxina web e para gañar visitas na páxina de Google+. Para a marca é importante contar cunha comunidade de seguidores significativa e rexistrar un nivel alto de interacción nas redes sociais nas que está presente.
A vosa empresa está en Google+? Máis alá dos seguidores que teñades é fundamental estar para coidar o posicionamento. Queredes aparecer en Google Maps? Queredes que, cando vos busquen, ademais de nome, teléfono e enderezo, atopen fotos e unha ligazón ao último post que publicastes?


