Guía práctica | Crea o teu blog en wordpress.com en 7 pasos

wordpress

Xa comparamos as principais características de Blogger e wordpress.com e ensinámosvos a crear o voso blog en Blogger. Na guía práctica desta semana axudámosvos a crear un blog en WordPress en 7 sinxelos pasos.

  1. Tendes que ir a wordpress.com e rexistrarvos. Necesitaredes, coma sempre, nome de usuario, contrasinal e enderezo de correo electrónico.
  2. O seguinte é o rexistro do dominio do blog. Introducide a que quederes que sexa a URL do blog; diravos se está dispoñible ou non. Tendes a opción de mercar un dominio (www.ovosoblog.com) ou de optar por un dominio gratuíto que remate coa terminación .wordpress.com (www.ovosoblog.wordpress.com). Tamén deberedes definir título do blog, idioma e nivel de privacidade.
  3. Botádelle un ollo á pestana “settings” (axustes). Aquí podedes revisar nome, zona horaria, as opcións de visiualización dos posts, etc. É sinxelo e intuitivo.
  4. Escoller a plantilla. Na pestana “apariencia” escollede a plantilla para personalizar o deseño do voso blog. Podedes escoller entre máis opcións das que necesitades, gratuítas e de pago.
  5. Personalizar a cabeceira. Dependerá da plantilla, pero é boa idea escoller unha que vos permita personalizar a cabeceira: cambiar a imaxe que aparece na parte superior e introducir o voso logo.
  6. Configurar a barra lateral. Volvede a “apariencia” para colocar os widgets como prefirades. Permiten acceder ás distintas categorías de contido, visualizar as últimas actualizacións de redes sociais, etc.
  7. O “último paso” é administrar os usuarios. Se o blog é só voso só tendes que escoller un nome de usuario, e subir unha foto e un enderezo de correo electrónico. Se traballades en equipo podedes engadir novos usuarios e definir os seus roles (administrador, editor, creador de contidos, etc.).

Só queda acceder a “posts” e facer clic en “novo post” para empezar a publicar. Pronto volveremos ao blog que vimos de crear para escribir, engadir fotos, vídeos e ligazóns, e aclarar algunhas dúbidas importantes.

Fonte: desmarkt.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.