Guía práctica | Crear unha newsletter con Mailchimp: campaña e informes

Xa vimos como crear e importar unha lista de subscritores en Mailchimp. O seguinte paso antes de enviar a newsletter é crear e deseñar a túa campaña. É moi sinxelo, só hai que seleccionar un tipo de campaña, agregar destinatarios, seleccionar unha plantilla, cargar o contido e enviar o boletín.

O primeiro é ir á páxina Campaigns (Campañas) e seleccionar Create Campaign (Crear campaña). A primeira vez, Mailchimp recoméndanos comezar por unha Regular Campaign (Campaña Regular). Podedes navegar con facilidade pola barra de progreso para acceder aos distintos pasos do Campaign Builder (Construtor de campaña): selección da lista de subscritores, asunto e redes sociais, plantilla, deseño e contido, etc.

Mailchimpcampana

En canto ao deseño e o contido, o máis recomendable é comezar seleccionando a opción drag and drop (arrastrar e soltar) de entre os Themes (Temas) de Mailchimp. Seleccionado o tema xa podedes modificar os distintos bloques de contido, cargar textos e imaxes, etc. O último paso é seleccionar a opción de Confirm (Confirmar) e facer clic en Send (Enviar).

Os informes

Os informes de Mailchimp conteñen información de clics, aperturas… Temos que ir á páxina Reports (Informes) e seleccionar a campaña que queiramos ver. Que porcentaxe da lista de subscritores abriu o boletín? Cantos non o recibiron? Cantos fixeron clic? Tamén nos da outros datos como o número de usuarios que cancelaron a subscrición.

Se profundizamos un pouco máis, tamén podemos saber que número de vendas chegaron a través da newsletter se temos unha tenda en liña.

mailchimp_informes

mailchimp_informes2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.