Facebook está a cambiar a política de privacidade, adaptándoa aos servizos de localización e ás compras a través desta rede social. Pronto repasaremos con que datos dos seus usuarios se queda Facebook e para que pensa usalos.
Ademais, seguro que vos chamou a atención a presenza dun dinousauro no voso perfil dende hai unhas semanas. Facebook cambiou o control de privacidade co obxectivo de simplificalo. Conseguírono? Descubrídeo facendo clic no cadeado que veredes arriba á dereita.
O primeiro que tedes que controlar é quen queredes que vexa as vosas publicacións. Aquí definides se queredes compartilas cos vosos amigos ou se queredes que sexan públicas para todo Facebook. Podedes cambiar esta opción cada vez que fagades unha nova actualización pero coidado, porque Facebook lembrará a vosa elección nas seguintes publicacións.
Lembrades en que aplicacións vos rexistrastes co perfil de Facebook? Podedes editar quen ve cada aplicación que usades ou eliminar as que xa non utilicedes.
Por último, revisade a información de perfil. Que enderezo de correo e que teléfono usastes para rexistrarvos en Facebook? Quen pode ver esa información? Non está de máis revisalo.
Á dereita do cadeado no que accedes ao control de privacidade, podes despregar unha pestana que vos leva á “configuración” de Facebook. Revisade a configuración de seguridade e a política de privacidade. Algunha dúbida?




