Guía práctica | Facer concursos en Facebook

Easypromos

easypromosapp.com

Os concursos e os sorteos son unha das ferramentas máis efectivas para conseguir que aumente a comunidade de seguidores en Facebook e para que aumente o nivel de interacción coa páxina. Esquecédevos de concursos tipo “dálle a gústame e comparte e faremos un sorteo entre os participantes” ou “publica unha foto na nosa biografía e a que máis votos consiga…”. Existen aplicacións que vos permiten facer concursos en Facebook coidando o deseño, controlando a participación e obtendo información útil dos usuarios que participan.

Easypromos

easypromos2

easypromosapp.com

É unha das aplicacións máis populares para crear concursos en Facebook. Permítevos facer campañas a medida (conta con máis de 200 funcionalidades diferentes), analizar e medir os resultados dos concursos, escoller e subir os vosos propios deseños ou, entre outras posibilidades, xerar concursos virais a través de campañas sociais; intégrase perfectamente en Facebook, Twitter, Pinterest, Instagram e Google+.

Tedes que escoller entre promocións basic (15$ e a primeira promo gratuíta), Premium (100 $) ou Marca Blanca (250$); cada unha permítevos unhas opcións diferentes. Só tedes que rexistrarvos co voso perfil de Facebook e seguir os pasos. Podedes facer concursos de fotos, vídeos, textos, ofrecer un cupón desconto a cambio de participar… Revisade con coidado todas as opcións; podedes pedir información como nome, correo electrónico, enderezo, etc. Canta máis información pidades é probable que participen menos usuarios. Pensade que podedes usar esa información para facer un envío dunha newsletter, por exemplo. E, por suposto, non esquezades as bases legais!

Unha opción sinxela, rápida e efectiva é a de facer un sorteo entre os usuarios que comenten unha publicación. Easypromos dános ademais un certificado de validez que evita ter calquera problema cos participantes.

Trisocial

Trisocial

Unha alternativa a Easypromos é Trisocial. Tamén vos permite facer sorteos, concursos de relatos, de fotos, de vídeos, etc. Tamén nos dá opcións interesantes como a promo getfans na que premiamos aos usuarios que máis seguidores gañan para a páxina. O sistema de pagos é diferente ao de Easypromos; dependendo do que paguemos ao mes poderemos desfrutar de aplicacións de promocións tipo basic, premium ou marca blanca, de aplicacións de ecommerce, da ferramenta Social CRM para coñecer mellor aos vosos fans en redes sociais, etc.

 

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | Facer concursos en Twitter - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.