Hoxe queremos descubrirvos o Centro de seguridade de Google+. Unha guía para adolescentes, pais e educadores para que os primeiros naveguen de forma segura na rede. Atentos ás próximas guías prácticas porque profundizaremos nos consellos que Google da a adolescentes e pais para que fagan un uso responsable de internet.
En canto aos adolescentes, Google busca ofrecer unha “experiencia segura e positiva”. Pódese compartir contido coas persoas que escollamos e ao mesmo tempo protexernos de comportamentos non desexados. Na guía de seguridade podedes atopar as funcións para adolescentes, consultar suxestións xerais e atopar a resposta ás preguntas comúns.
No caso dos pais, Google chama a atención sobre o feito de que en Google+ as persoas chatean, intercambian ideas, publican fotos…., pero tamén manifestan e experimentan cambios nos seus intereses persoais e profesionais. Para que os pais lle poidan botar unha man aos seus fillos, na Guía de Google+ para pais poden aprender a como relacionarse en Google ou saber máis sobre a configuración de privacidade.
Por último, navegar de forma segura é cousa de adolescentes, pais, e educadores. Google está a traballar nunha lista de consellos dirixidos especialmente aos docentes. Mentres tanto, invítanos a consultar a información e os consellos sobre seguridade na rede creados por algúns dos seus partners.



Pingback: Guía práctica | O Centro de seguridade de Google+: os adolescentes - Xente Dixital