Guía práctica | Tuenti, rede social adolescente

tuenti

A OCU (Organización de consumidores e usuarios) presentaba en maio deste ano unha enquisa que revela que o 60% dos adolescentes en España emprega Tuenti como rede social principal; o 46% dos nenos de entre 10 e 13 anos e o 77% dos adolescentes de entre 14 e 16 anos. Facemos un percorrido polas seccións principais.

Amigos e contactos

Non son sinónimos. Os contactos son persoas coas que só queremos chatear. Poden ver a nosa foto de perfil e se estamos conectados ou non. Os amigos poden chatear con nós, ver o noso perfil, os nosos momentos (as actualizacións) e as fotos. Tamén poden comentar as actualizacións, mencionarnos nun comentario ou etiquetarnos en fotos.

É importante lembrar que temos a posibilidade de bloquear contactos ou amigos que non coñezamos ou que nos resulten sospeitosos. Cando o bloqueamos xa non pode atoparnos en Tuenti nin poñerse en contacto con nós.

As fotos

Tuenti permítenos xestionar facilmente as nosas fotos e organizalas por álbums. Podemos eliminar cando queiramos algunha das fotos subidas, desetiquetarnos das fotos etiquetadas e eliminar fotos do álbum fotos que che gustan, álbum privado que só ti podes ver.

A miña conta

Aquí podemos cambiar a información persoal, intereses, privacidade (decidir se autorizamos aos nosos amigos a ver o noso tablón, a descargar as fotos ou a ver o teléfono), decidir que notificacións queremos que nos cheguen por correo electrónico, e cambiar a información de correo electrónico, contrasinal, etc.

Non esquezas que…

tuenti2

… como en calquera rede social, temos que coidar que compartimos e a quen lle damos acceso á nosa información persoal. Tuenti conta, sobre todo, con usuarios adolescentes; por iso conta cun centro de axuda e seguridade e con guías específicas para usuarios, pais e educadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.