Guía práctica | Xestión de redes sociais nas vacacións

redessociais_vacacions

Foto: GiorgioMontersino

No verán é tan importante coidar a comunicación na rede dunha empresa como o resto do ano. Os que nos adicamos á xestión de redes sociais sabemos que cando collemos uns días de descanso, a actividade das marcas non se pode deter. Que podemos facer? Dámosvos algunhas claves que vos poden axudar .

Calendario editorial

É importante traballar cun documento no que definades que temas ides tratar e cando facelo. Axudaravos a preparar contidos con tempo ou facilitará o traballo da persoa que deixedes ao cargo da comunicación da empresa cando vós non esteades. Na rede podedes atopar algunhas plantillas nas que só teredes que completar que tema tratar en cada unha das redes sociais ao longo do mes. Ademais podedes engadir textos, ligazóns, hashtags, etc.

Programar contidos

Hootsuite-Dashboard

Hootsuite

En Facebook ou con ferramentas como Hootsuite, podedes marchar de vacacións deixando programadas as redes sociais. Blogger ou WordPress tamén nos permiten programar as publicacións do blog corporativo. Non é bo programar contidos con moita antelación sen prestar atención á actualidade do sector ou sen atender ás novidades da empresa, e moito menos descoidar a actividade nas páxinas de redes sociais e non responder aos usuarios. Pero programar pode axudarnos a descansar uns días sen que iso afecte á comunicación da empresa dun xeito significativo.

Responder mensaxes e comentarios

Se non deixamos a ninguén responsable do blog e das redes sociais non nos queda outra que botar un ollo ao móbil de cando en vez. É fundamentar responder a mensaxes e comentarios o antes posible. Unha crítica que se pode resolver nun momento pedindo desculpas e ofrecendo unha solución a un cliente, pode converterse nun problema máis grave 15 días máis tarde.

Delegar nun compañeiro de traballo

Ou nun profesional externo á empresa. Paga a pena facer un pequeno investimento confiando a comunicación da marca a un profesional que coñeza o sector sobre o que vai ter que informar. Tanto se delegamos nun compañeiros coma se o facemos nun profesional externo, temos que definir previamente os temas que se van a tratar e completar o calendario de accións en medios sociais.

Que facedes coas redes sociais que xestionades durante as vacacións? Algún consello que nos axude?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.