Impulso á empresa dixital e a industria 4.0

izettle

A Xunta e o Igape veñen de asinar un convenio para desenvolver actuacións de impulso á empresa dixital e a industria 4.0. Trátase de sumar esforzos para impusar a modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial de Galicia. Amtega e Igape sumarán máis de 3 millóns de euros para a incorporación efectiva e contínua das TIC nos sectores produtivos galegos.

Ambas entidades ofrecerán un catálogo unificado de servizos ás pemes para a asistencia, diagnose e soporte na implantación de solucións nos ámbitos da empresa dixital e a industria 4.0. Os servizos, dispoñibles no segundo semestre do 2016, serán prestados a prezos reducidos por axentes colaboradores contratados mediante procedemento aberto.

Desenvolvemento da empresa dixital e a industria 4.0

O catálogo ofrecerá servizos orientados a promover a dixitalización empresarial. O primeiro paso será a diagnose do grao de modernización e a identificación das oportunidades de mellora. As pemes poderán acceder a servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade, para a incorporación de solucións TIC para a mellora da xestión empresarial, e para a implantación de solucións de marketing dixital.

O seguinte paso é o impulso da industria 4.0. Para isto ofreceranse servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados. As pemes disporán de asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e oportunidades ao seu alcance. Búscanse solucións que lles permitan máis flexibilidade, automatización, interconexión e sostibilidade dos entornos produtivos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.