A infografía do mes | O uso das TIC nas microempresas galegas

O Observatorio da Sociedade da Información da Amtega debulla a Enquisa do INE “Uso de TIC e comercio electrónico 2015/2016”, con sorprendentes resultados sobre o uso das TIC nas microempresas galegas.

usoticpemes_gal

Estas son algunhas das principais conclusións do estudo:

Un 33,2% das empresas galegas con menos de 10 empregados con conexión a Internet dispón de páxina web, o que as sitúa por riba da media estatal (31,5%).

As microempresas galegas suben un 8 % na conexión de banda larga móbil.

Respecto ás empresas con 10 ou máis empregados, un 58,5% conta cunha velocidade de conexión a Internet de entre 2 Mbps e 30 Mbps, superando a media estatal en 4,49 puntos porcentuais.

O 37% das empresas galegas deste segmento ten contratado o acceso a Internet con velocidades de máis de 30 Mbps.

O 75,1% destas empresas devolveu impresos cumprimentados á Administración a través de Internet, experimentando un crecemento no último ano do 5,3%

+ info na web do OSIMGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.