A AIMC (Asociación para a investigación dos medios de comunicación) ven de publicar o Marco Xeral dos Medios en España 2015, información fundamental para o sector dos medios de comunicación e o da publicidade en España.
Antes de atender aos datos relativos ao consumo de internet fixámonos no perfil da audiencia. Escollemos os gráficos relativos a sexo e idade; botade un ollo ao informe para consultar información relacionada coa clase social ou co hábitat. No informe atoparedes ademais datos relacionados co consumo de radio e televisión.
Audiencia de internet
Aínda que xa o sabiamos non deixa de sorprendernos a evolución no consumo de internet nos últimos anos. Hoxe conectámonos sobre todo dende casa e, sorprendentemente, dende a rúa ou os medios de transporte, antes que dende o traballo ou o centro de estudos. Con que dispositivo o facemos? Hai un 80% de usuarios que se conectan dende o smartphone e un 60% que o fan dende o portátil.
Que consumimos na rede? Adicamos máis tempo ás redes sociais ou ao correo electrónico?
No informe atoparedes información do perfil de usuario. Destacan os usuarios de entre 25 e 44 anos e de clase media.





