Mobem, a aplicación para facer xestións co Servizo Público de Emprego

A Xunta lanzou os pasados días unha aplicación para móbil pensada para que os cidadáns poidan facer xestións co Servizo Público de Emprego dende os seus smartphones.

En toda España, tan so Euskadi ten unha ferramenta semellante, o que avala o impulso comprometido da Xunta co uso das novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns

Funcionalidades de Mobem

mobemA aplicación Mobem ofrecerá aos cidadáns diferentes vantaxes como é a posibilidade renovar a súa demanda de emprego desde o seu terminal. Ademais, e, entre outras actuacións, os galegos poderán consultar en tempo real se son convocados a unha cita para a orientación laboral; se foron seleccionados para participar nun curso de formación; o se, por exemplo, se atopan entre os candidatos dunha oferta laboral.

Mobem está dispoñible para sistemas operativos IOS (equipos Apple), Android, RIM (blackberry) e WindowsPhone. Isto quere dicir que xa é posible descargar esta aplicación nas “tendas” oficiais de Google Play, Blackberry World, e en iTunes e WindowsMarket. A iniciativa galega cubre catro plataformas distintas e, por tanto, preto do 98% dos sistemas operativos de smartphones existentes no mercado español.

Descarga a aplicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.