Mobile World Congress 2014: tendencias

mwc15_carousel2

Acaba de rematar en Barcelona a última edición do Mobile World Congress. Seguro que escoitastes falar del pola visita de Mark Zuckerberg, creador de Facebook e dono, dende hai menos dun mes, de Whatsapp. Pero en Barcelona presentáronse ademais as tendencias no mercado de telefonía móbil para o 2014.

Botámoslle un ollo a El País Tecnología para saber como pode evolucionar o universo dos dispositivos móbiles nos próximos meses:

Teléfonos cada vez máis grandes. Imos camiño das 6 pulgadas. Huawei, LG ou Sony xa ofrecen smartphones cunha pantalla deste tamaño. Samsung presentou o Galaxy 5S cunha pantalla de 5,2 pulgadas e Apple rematará o ano tamén por enriba das 5.

Smartphones para todos. Seguirán existindo os móbiles de 800 € pero os prezos seguen baixando, sobre todo, gracias aos fabricantes chinos. Xa vos sona Huawei pero anotade ademais Jiayu, Lenovo, UMI, Xiaomi…

A cámara segue a ser fundamental. Están de moda os selfies (autorretratos) e as compañías xa están a mellorar as cámaras frontais que nalgúns casos chegan a máis de 8 megas. Prescindiariades antes do teléfono, das chamadas, ou da cámara para facer fotos e vídeos e compartilos en redes sociais?

samsung galaxy gear

Os wearables. Ou accesorios tecnolóxicos persoais. Lembrades o post sobre os smartwatch? Pulseiras ou reloxos intelixentes e, polo momento, dependentes dos smartphones.

Cousas con Internet. É unha das tendencias ás que máis atención temos que prestar. Pronto escoitaredes falar do M2M (conexión de máquina con máquina). Todos os obxectos estarán dotados dunha IP (enderezo de Internet); imaxinades que unha bombilla se funda e se engada directamente ao carriño da compra? O futuro está aí.

Apple, Samsung, iOS, Android…, e compañía. Apple e Samsung perderán cuota de mercado porque as compañías chinas e os móbiles low cost xa están a triunfar. E non todo vai ser iOS ou Android, Windows Phone e outros sistemas operativos están gañando terreo.

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.