Os móbiles son o principal dispositivo de conexión á rede para 9 de cada 10 adultos e tamén se convertiron no dispositivo predilecto dos máis pequenos. Segundo un estudo de The NPD Group, o 63% dos nenos de entre 2 e 17 anos usan os smartphones para xogar.
Xa non sorprende ver a un neno pegado a un móbil antes incluso de que aprenda a falar. É un dispositivo que levamos sempre connosco e un recurso útil para manter aos nenos entretidos. Si que nos chama a atención saber que cada vez xogan menos no ordenador. No 2013 o 67% dos nenos xogaba no ordenador e hoxe só o fan o 45%. A caída é máis acusada entre os máis pequenos, de entre 2 e 5 anos.
As videoconsolas tamén perden xogadores pero menos que no caso do ordenador. Úsanas o 41% dos nenos de entre 9 e 11 anos.
Existe un cambio de tendencia. Os móbiles son o novo punto de entrada ao mundo dos videoxogos para os nenos. Isto reflexa un cambio de comportamento dos pais que agora realizan no móbil tarefas que antes resolvían no ordenador.
É curioso que dende o 2013 non aumentou significativamente o uso dos móbiles como plataformas de xogo senón que o que aumentou foi o tempo que os nenos invisten xogando nel. O 41% xoga máis que o ano pasado e a media subiu ata as 6 horas semanais. Tamén aumentou o gasto en xogos; o gasto medio pasou dos 5 aos 13$.
Cuestión de xogos e vídeos
Os móbiles tamén lle gañan terreo á televisión como soporte para ver vídeos. Neste caso son as tabletas os dispositivos preferidos para o consumo de contidos online. A diferenza doutros grupos de idade, aos nenos impórtalles o contido pero tamén o soporte.
Fonte: PuroMarketing.


