Aproveitamos o espazo reservado para falarvos de dispositivos electrónicos, para reflexionar sobre a reciclaxe dos móbiles e ordenadores que xa non nos serven. Que facedes con eles? Son reciclables?
Seguro que non sabiades que o 90% dos materiais contidos nun móbil son reciclables. Sempre que se sometan aos procesos de tratamento correspondentes en plantas autorizadas. É un dos datos extraídos do estudo sobre ‘reciclabilidade’ dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) elaborado pola plataforma Recyclia.
O estudo sinala que renovamos os nosos móbiles cada 18 meses. De cada un pódese extraer un 65% de plásticos, un 25 % de metais comúns e un 8% de metais preciosos. Só o ordenador supera ao móbil no índice de reutilización cun 93% de material reciclable.
Coñecedes a Fundación Tragamóvil? No 2012 recolleran 462 toneladas de teléfonos móbiles en desuso, a través dos máis de 1.000 puntos de recollida repartidos por toda España.
José Perez, de Recyclia, considera que “a xestión adecuada dos móbiles é unha fonte de suminstro e aforro de recursos naturais”. Lembrades onde gardades todos os móbiles vellos?
Fonte Europa Press.



