Non todo é Facebook, as redes sociais máis raras da Internet

Aínda que Facebook, Twitter, Snapchat, Instagram, Pinterest e LinkedIn son as redes sociais máis populares do planeta, non son as únicas. De feito hai un centenar de comunidades que vinculan a persoas que teñen intereses en común.

Aínda que algunhas están orientadas aos fanáticos das mascotas e coleccionistas de obxectos varios, hai outras que están baseadas en temáticas estrañas ou curiosas. Dado que se pode participar en calquera delas rexistrándose sen custo e en cuestión de segundos, a continuación presentamos  algunhas das máis peculiares:

  • matchAdream: esta rede social, en inglés, permite compartir os teus soños e ver os doutros. Desta maneira, os usuarios poden interpretar os seus soños e compartir as súas teorías e o que poden significar.
  • May feelings: as persoas máis relixiosas tamén teñen a súa rede May feelings permite pedir que a xente rece por ti por algún tema que o necesita.
  • PrisonInmates: en Estados Unidos se estás preso nun cárcere tamén tes a túa rede social. Esta está orientada a que os que están a cumprir condena poidan falar entre eles, así como con familiares e amigos.
  • Psychic faces: crees ter poderes paranormaiss e queres encontra a outra xente que tamén os ten? Psychic faces é a túa rede social entón.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.