A Online Business School (OBS) publicaba en novembro do ano pasado o estudo “Tecnologías de la Información en la empresa 2013”, que recolle datos do INE (Instituto Nacional de Estadística), do ONTSI (Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información) e de Eurostat (oficina estatística da Comisión Europea), sobre a integración das TIC nas empresas españolas.
Entre as principais conclusións está a aposta crecente das entidades privadas polo teletraballo: desenvolvemento da actividade profesional fóra da empresa durante unha parte importante do horario laboral. Hoxe o 27% das empresas contemplan o teletraballo como forma de organización do seu persoal produtivo; no 2012 a porcentaxe era do 21,8%. No 2003 a porcentaxe de empresas que apostaba polo teletraballo era só do 7%.
Entre as vantaxes do teletraballo está o aumento da autonomía do traballador e o aforre de custos para traballador e empresa. Nas desvantaxes destacan a dificultade para separar vida profesional e persoal, unha menor implicación coa empresa e a perda de relación e colaboración con outros traballadores.
O estudo recolle outros datos interesantes como que o 97,5% das empresas de máis de 10 empregados emprega ordenadores para a súa xestión diaria, ou que o 86,6% das empresas españolas teñen redes LAN instaladas (redes que conectan ordenadores situados nun área limitada como unha oficina).



