Seguro que vos decatastes de que cada vez se publican máis vídeos en páxinas web, blogs e redes sociais. O vídeo online está a marcar a comunicación das marcas na rede e está a revolucionar a industria dos medios de comunicación.
Segundo Limlight Networks o 90% dos consumidores estadounidenses están dispostos a abandonar a suscrición á televisión por cable a cambio de maior flexibilidade, dispoñibilidade horaria e dun aumento dos contidos. Esas son as vantaxes que reúne o vídeo online.
O investimento en vídeo online aumenta e en televisión diminúe. Estímase que no 2016 o investimento en vídeo para internet sexa de máis de 5.000 millóns de dólares. O orzamento das marcas para a televisión baixará sen embargo un 3% cada ano.
Antes de investir en vídeo online seguro que vos preguntades se se trata dunha moda pasaxeira ou existen motivos para pensar que se vai consolidar como estratexia de comunicación para os anunciantes. Para apostar por este tipo de contido pensade no poder de atracción e na comunidade de seguidores que hai detrás dos grandes medios. Cada vez hai máis usuarios que consumen vídeo en streaming e a través das redes sociais.
Adiantou Facebook a Youtube?
Youtube foi o primeiro e conseguiu asentarse como referente no mercado do vídeo online pero Facebook está medrando a moita velocidade e parece que non falta moito para se poña en primeira posición.
No 2014 Youtube era a plataforma de vídeo dominante en Facebook pero xa non é así. Antes publicabamos unha ligazón do vídeo de Youtube na páxina de Facebook pero agora subimos directamente o vídeo nesta rede social. Facebook fai máis visibles os contidos de vídeo e o autoplay (cando facemos scroll na páxina os vídeos reprodúcense automaticamente) favorece que se vexan máis.
Como vai evolucionar o mercado do vídeo online? Que teñen que dicir, entre outros, Twitter e Instagram? Contádenolo nun comentario.
Fonte: PuroMarketing.



Importante tb que cada vez son mais as web que na súa páxina de inicio empregan videos para diferenciarse da sua competencia.
Bo apunte! 🙂