O dispositivo do mes | As cámaras de acción

Que son as cámaras de acción? Seguro que escoitastes falar da GoPro. Pero hai máis opcións de marcas como Sony, Garmin ou Xiaomi. Pensastes en gravarvos practicando o voso deporte favorito?

GoPro

A fama está xustificada. Tedes cámaras dende os 140 €, unha boa idea se é a primeira que mercades e queredes probar a gravar e editar vídeo, ata os 530€ para fins profesionais. Na súa web podes usar un comparador de cámaras e ver as diferenzas entre os distintos modelos.

Sony Action Cam

Son os principais competidores de GoPro. Tedes modelos dende os 200 ata os 500€ e tamén podedes usar un comparador que vos axude a decidir que camara mercar. Botar un ollo aos vídeos subidos a Youtube ou Vimeo por outros usuarios pode axudarvos a escoller modelo e marca.

Garmin VIRB

“Cámara de acción con HD a 1080p, pantalla integrada, 3 horas de batería e resistente á auga”. Podedes escoller entre 3 modelos diferentes que van dende os 259 ata os 300€.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.