Quen necesita unha smart TV tendo Google Chromecast. É un dispositivo de reprodución de contido multimedia en streaming que se conecta á televisión a través da entrada HDMI. Serve para reproducir na televisión calquera contido que teñades nos dispositivos móbiles ou no portátil. Funciona con dispositivos iOS e Android, portátiles Mac e Windows e Chromebooks (portátiles de Google).
Como funciona? Conectades o dispositivo á entrada HDMI da televisión, conectades o teléfono ou tablet á mesma rede Wifi que Chromecast e comezades a enviar contido. O seguinte paso é descargar as aplicacións compatibles con Google Chromecast para desfrutar da vosa música, películas ou series favoritas. Un dispositivo que podedes conseguir por só 39€.
Chromecast Audio
Google Chromecast vén de actualizarse e de presentar Chromecast Audio. É un pequeno dispositivo que se conecta aos altavoces para reproducir música en streaming a través dunha rede wifi. Despois de configuralo xa podemos enviar a nosa música aos mellores altavoces da casa.
Se tedes unha cea entre amigos, calquera pode poñer música enviándoa aos altavoces. O prezo é o mesmo que o da aplicación de vídeo: 39€.
As aplicacións
Chromecast conta cunha longa lista de apps compatibles. Spotify para gardar as vosas listas de reprodución de música, Waki TV para desfrutar de series e películas, Google Chrome, Youtube, Dailymotion, Deezer, etc.





Pingback: O dispositivo do mes | Ideas para regalar este Nadal - Xente Dixital