Que sabedes dos dispositivos de realidade virtual? Para que serven? Para que van a servir? A tecnoloxía non é nova pero agora volve con forzas renovadas e con argumentos que fan pensar en dispositivos útiles e non nunha moda pasaxeira: máis resolución, contido específico, etc. Atentos ao que ofrecen algunhas das marcas máis importantes.
Sony
Prevese que Sony presente as súas gafas de realidade virtual na primeira metade do 2016. O dispositivo levará aos usuarios da Play Station a un novo nivel de inmersión e introduciraos directamente no futuro dos videoxogos.
Samsung
Da man de Oculus, compañía da que vos falaremos en último lugar, Samsung presentaba hai pouco as Samsung Gear VR. Podedes conseguilas por 200€. Necesitades, iso si, un Samsung Galaxy Note 4 polo que o prezo final é bastante máis alto. Por agora as gafas dependen totalmente do teléfono pero introdúcenos nun novo mundo en canto ao consumo de contidos multimedia e de videoxogos.
Oculus
Parece que non falta moito para a chegada de Oculus Rift. Poderemos usalas en ordenadores, dispositivos móbiles e consolas e, como imaxinades, están pensadas para dar un salto no mundo dos videoxogos. Quen se apunta a probalas?



