A algúns de vós chamaravos a atención a existencia dos lectores de tarxetas de crédito para móbiles. Están dirixidos a pequenas e medianas empresas que non contan cun sistema de pago con tarxeta. Co pequeno dispositvo e a aplicación móbil do provedor que contratedes, chega para cobrar polos vosos servizos dunha maneira rápida, sinxela e segura. Detémonos en 2 exemplos dispoñibles en España.
Payleven
É un dos principais provedores deste servizo en Europa e acaba de chegar a España. Funciona dun xeito moi sinxelo: despois de instalar a app no noso móbil ou tablet (Android ou iOS), introducimos a cantidade a cobrar e incluso podemos engadir unha foto ou descrición do produto que vendemos. Despois insértase a tarxeta e pídeselle ao cliente que inserte o seu pin para completar a transacción. Pódese imprimir ou enviar por correo o recibo correspondente.
Pódense crear unha lista de produtos, contas individuais para cada empregado e acceder a unha análise das últimas ventas. Ademais do dispositivo, Payleven cobra un 2,75% por transacción aos comercios.
iZettle
Funciona dun xeito similar a Payleven. Ofrece ademais a posibilidade de aceptar pagos por tarxeta ou en efectivo, podendo adquirir unha impresora de recibos e unha caixa rexistradora. Ambas dan información detallada das ventas para que, por exemplo, poidades deseñar ofertas baseadas nos produtos máis vendidos.
As dúas aplicacións garantizan que se trata dun método seguro para comerciantes e clientes.



