O móbil transforma o sector das viaxes online

Leme

Boston Consulting publicaba este ano o informe “Travel Goes Mobile”, que describe a transformación do sector das viaxes a través da telefonía móbil.

O informe reflicte que aínda que o sector foi un dos primeiros afectados pola irrupción do comercio electrónico, non soubo aproveitar as vantaxes que ofrece a tecnoloxía móbil. Esta situación abriu o sector turístico ao emprendemento nun momento no que se están a definir os perfís e o comportamento dos consumidores e a súa relación coas aplicacións móbiles.

De media, un smartphone ten entre 25 e 40 aplicacións instaladas pero poucas son de axencias de viaxes. E as axencias convirten menos do 20% dos seus clientes web en usuarios de aplicacións móbiles. Ningunha app de viaxes se consolidou como referente en máis do 2% de teléfonos móbiles.

tripadvisorapp

Aplicación móbil de TripAdvisor

A oportunidade para as axencias está en ofrecer servizos e experiencias personalizados. As apps xeran información sobre uso, buscas, tempo de uso, localización, gasto, preferencias, etc. Máis información significa personalizar mensaxes e experiencia de cliente na aplicación. Pode empregarse para segmentar mellor aos clientes en función da frecuencia de uso e o nivel de gasto, entre outros criterios.

Fonte: informeticplus.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.