O peche de Google News España

Google News Espana

Nos últimos días do ano saltaba á actualidade o peche definitivo de Google News España. En que consiste este servizo de Google? Por que pecha?

Se intentades entrar en Google News España atoparédesvos cunha páxina informativa na que Google nos explica que “tras a aprobación da reforma da Lei de Propiedade Intelectual tivemos que pechar o servizo de Google Noticias en España. A nova lexislación obriga a calquera publicación española a cobrar, queira ou non, a servizos como Google Noticias por amosar o máis mínimo fragmento das súas publicacións. Dado que Google Noticias é un servizo que non xera ingresos (non amosamos publicidade no sitio web), este novo enfoque resulta insostible”.

A LPI (Lei de Propiedade Intelectual) entraba en vigor o 1 de xaneiro pero o goberno aínda ten que desenvolver o regulamento. Hai que ter en conta que a norma terá carácter retroactivo.

Que é Google Noticias?

Google Noticias é un servizo de agregación de novas. Recopila titulares de máis de 50.000 fontes informativas de todo o mundo. Agrupa noticias similares e preséntaas dacordo aos intereses de cada lector. Google News España pecha en todo o mundo polo que ningún medio español aparecerá en ningunha das outras versións nacionais do servizo.

Cómpre sinalar que a LPI non afecta aos buscadores. Se facemos unha busca relacionada cun tema de actualidade, Google devolveranos aos resultados xerais entre os que aparecerá o módulo destacado “En las noticias”, con ligazóns de medios de comunicación españois.

Que consecuencias ten o peche? O peche de Google News España afecta, sobre todo, aos grandes medios xeralistas que eran os que aparecían máis veces e en máis categorías. A maior parte do tráfico procedente de Google que reciben os medios provén do buscador.

Fonte: eldiario.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.