Os autónomos galegos e as TIC

facturaXDO Osimga, Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, presentaba a principios de ano o primeiro estudo sobre a Sociedade da Información e os autónomos de Galicia, baseado en máis de 500 enquisas. Do equipamento do que dispoñen ou do uso que fan das ferramentas e servizos tecnolóxicos, dedúcese que queda moito que facer. Iniciativas como a Rede CeMIT ou o Centro Demostrador TIC, impulsadas pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), indican o camiño a seguir.

Equipamento

O estudo indica que o 65,3% dos autónomos galegos teñen conexión a Internet, e que o 57,4% conta cunha conexión de banda larga. Case a metade dos que non teñen acceso á rede non o contrata porque non percibe que lle pode aportar ao seu negocio. Un de cada cinco non o fai por non ter coñecementos na materia.

Os autónomos en Galicia empregan para o seu traballo, sobre todo, o ordenador (73,5%) e o móbil (60,7%).

Comunicación online e aproveitamento de servizos

Sabiades que só o 23,2% dos autónomos con conexión a Internet ten páxina web? Sen embargo, as redes sociais estanse a converter en escaparate de produtos e servizos; o 16,1% dos autónomos con Internet desenvolve unha comunicación activa en páxinas de Facebook, Twitter, Pinterest, etc. Por outra banda, destaca que só o 9,9 % venderon os seus produtos a través da rede.

Chama a atención que o 32% emprega solucións tecnolóxicas para a xestión de clientes e proveedores: factura electrónica, banca electrónica, etc. E que unicamente o 30,2% se comunica coa Administración en Internet. En Xente Dixital xa vos falamos da utilidade do uso da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Como pechamos a fenda?

A Amtega está a impulsar programas destinados a integrar as TIC na sociedade galega. Na Rede CeMIT fórmase a empresarios e emprendedores, entre outras materias, en comunicación en redes sociais ou en compras e operacións a través de Internet.

A semana que vén abriremos as portas do Centro Demostrador TIC (CDTIC) e traeremos algunha experiencia útil para os que non vos decidades a tirar proveito das novas tecnoloxías no voso proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.