Os cursos do Centro Demostrador TIC

CDTIC_crearapp

Comezamos a semana consultando a oferta de formación do Centro Demostrador TIC. Interesados en crear unha aplicación móbil? Coñecedes OpenStreetMap?

Mañá celebrarase a actividade “Como crear unha app e non morrer no intento: que cousas debo coñecer e erros frecuentes”. Entre as 17:00 e as 19:00 na aula CeMIT de Vigo, poderedes coñecer os aspectos máis relevantes que hai que ter en conta para crear unha app e cales son os erros máis habituais que se comenten. Falarase de desenvolver un produto viable, de ferramentas de prototipado, de saír á rúa buscar clientes, das diferenzas Android-Apple, etc.

Tamén en Vigo pero o próximo martes 6 de outubro, a actividade será “Desenvolvemento de aplicacións en Android”. Será unha sesión de introdución a Android na que se tratarán a arquitectura e os principais compoñentes. O obxectivo é axudar a dar os primeiros pasos na plataforma.

OpenStreetMap para accións humanitarias e de emerxencias

CDTIC_OpenStreetMap

Este xoves día 1 de outubro, na sala de formación do CDTIC, celébrase a actividade “OpenStreetMap: o uso da xeolocalización nas accións humanitarias e de emerxencias”. A aplicación ofrece unha representación cartográfica do mundo e contén información de interese baixo unha licenza libre para que calquera a poida usar, modificar ou crear as súas propias representacións de datos.

A formación está dirixida a responsables, persoal e persoas voluntarias de asociacións ou entidades do terceiro sector. Forma parte do ciclo formativo de solucións libres para o terceiro sector, organizado pola Amtega en colaboración con EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.