Os próximos cursos nas aulas CeMIT

ActsCeMIT_xanfeb15

De cando en vez gústanos lembrarvos que a Rede CeMIT pon á vosa disposición unha lista de cursos e actividades gratuítas para formarvos en novas tecnoloxías. Que hai no calendario para as próximas semanas?

En Xente Dixital falámosvos en varias ocasións de marca persoal. Na aula CeMIT de Leiro, entre o 19 e o 30 de xaneiro, terá lugar o curso “Pasos para crear a miña marca persoal na Internet”. Nas mesmas datas pero na aula CeMIT de O Barco, poderedes coñecer todas as posibilidades que ofrecen as aplicacións de Google para cidadáns e empresas no curso “Ferramentas na nube. Google Apps”.

Do 27 ao 29 de xaneiro na aula CeMIT de Sarreaus, darase unha formación de 6 horas na que se ensinarán os mecanismos e ferramentas para a creación de blogs. Está destinado a persoas con ningún ou escasos coñecementos sobre a creación dun blog.

Se o que queredes crear non é un blog senón unha páxina web, entre o 2 e o 6 de febreiro, na aula CeMIT de Ourense, celebrarase o curso “Creación de páxinas web con Joomla (nivel básico)”. No calendario de actividades podedes atopar a continuación a este curso para convertervos en auténticos expertos na creación de páxinas web.

Estos son só algúns exemplos das moitas actividades previstas para as próximas semanas. Na web da CeMIT podedes atopar a lista de cursos completa, e consultar cal é a aula CeMIT máis cercana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.