Pedir un taxi desde o móvil xa é posible en Coruña

Pedir un taxi dende o móbil? Se é a través de chamada, en calquera lugar (no que teñas cobertura co teu operador). Pero dende a aplicación 1Taxi, en Galicia tan só podes facelo na Coruña. Polo de agora.

1taxi-d4c32b-h9001Taxi é unha aplicación que fai de intermediario entre o usuario da app e o taxi máis cercano. Actualmente, a aplicación da cobertura a uns 600 concellos de toda España, e recentemente veñen de incluír o primeiro concello galego: A Coruña.

Coa aplicación podes pedir un taxi dende o móbil; desta maneira, ou ben che envían o taxi automaticamente ou, se non é posible, póñente en contacto co radiotaxi máis próximo sen que te teñas que poñer a búscalo.

Os plans de internacionalización da app van a bo ritmo, e prometen poder pedir un taxi dende fóra de España nun curto prazo de tempo.

Como se fai a reserva?

Ao iniciar a aplicación por primeira vez pedirá un rexistro sinxelo: nome, correo electrónico e número de teléfono. Este último emprégase para validar o usuario.

A opción máis sinxela é pedir un taxi en función da túa ubicación. Cun só botón, a app localízate e tan só tes que indicar o destino, a data (por defecto, a actual) e a hora (por defecto, a actual).

Existe un menú de opcións especiais entre as que podes seleccionar determinadas preferencias, como o pago (tarxeta de débito ou crédito), o coche (monovolumen) ou preferencias relacionadas co condutor (que fale inglés) ou se permite animais no traxecto.

No caso de non escoller a opción de xeolocalización, tamén podes empregar o buscador para seleccionar a túa ubicación. O resto das opcións son as mesmas.

Para reservar, valida os teus datos no botón “confirmar”

app-1taxi

Como se fai o pago?

Os métodos de pago que existen na actualidade son moi básicos: ou ben se fai en man u ben a través de tarxeta se o propio taxi dispón dese servizo. No entanto, desde a propia aplicación sinalan que se está traballando nunha actualización que incluirá unha nova funcionalidade neste sentido: o pago dende a propia app.

A aplicación está dispoñible de balde na tenda de aplicacións de Google

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.