Plan de Banda Larga de Galicia: que se fixo nos últimos anos?

A finais de xaneiro presentábase o balance do Plan de Banda Larga que se desenvolveu en Galicia nos últimos anos. O Plan logrou que o acceso a internet sexa universal na Comunidade. No 2010 só dous concellos podían garantir que a súa cobertura de internet chegase ao 90% da poboación, hoxe son 309. Ademais cómpre lembrar o Pacto Tecnolóxico asinado no 2013 que selou o compromiso investidor das principais compañías tecnolóxicas en Galicia.

Por outra banda adiantábanse cales son os retos e obxectivos que a Xunta se marca para os próximos anos. Como cambiou a situación nos últimos 5 anos? Contádenos nun comentario que melloras notastes ou que carencias tedes a día de hoxe. Comezamos polo principio.

No ano 2009 fíxose un estudo sobre a cobertura de banda larga en Galicia. Nese momento, dispoñían de cobertura o 71,8% dos galegos. Había 786.000 galegos sen posibilidade de acceso a internet de calidade.

PlanBandaLarga

Con estes datos definíronse dous obxectivos principais. O primeiro era a vertebración territorial: posibilitar o acceso á banda larga de calidade a todos os galegos, cun foco claro no ámbito rural. E a competitividade e innovación: impulsar a implantación de redes de nova xeración (NGAs) de 100Mbps posibilitando o acceso ás mesmas a 1,4 millóns de galegos.

Para acadar os obxectivos definíronse 6 actuacións de despregamento de redes de telecomunicacións:

PlanBandaLarga2

O mércores repasaremos algúns dos logros acadados e, sobre todo, os retos de futuro. Como imaxinades que nos conectaremos dentro duns anos?

1 comentario

  1. Pingback: A banda larga en Galicia: logros acadados e obxectivos pendentes - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.