O Plan Director de Banda Larga (podes velo aquí) e que está en execución (2010-2013) ten dous obxectivos: dotar de cobertura a todos os galegos e impulsar a implantación das redes máis punteiras na Comunidade, as redes NGAs con velocidades de 100 megas.
A banda larga é importante, xa que nos permite utilizar a Internet a unha velocidade digna para realizar as mesmas operacións de forma veloz dende calquera punto da xeografía galega. É, dende logo, a punta de lanza que loita contra a fenda dixital na nosa comunidade.
A situación galega
Dende o ano 2010, cando se puxo en marcha o proxecto, máis de 660000 galegos (sobre un total de 786.000 que carecían de acceso ao servizo) poden contratar o servizo de internet no seu fogar. Isto supón un 84% de ampliación de cobertura en tran só tres anos.
Ademais, o 98% dos servizos públicos (incluímos a centros educativos, sanitarios, xulgados e farmacias) xa dispoñen de cobertura de banta larga (antes da aplicación do plan, a porcentaxe era do 83%).
Avances en tres anos de Plan Director de Banda Larga
Nos tres anos nos que leva en marcha o proxecto, e desglosando a ampliación de cobertura que lles supuxo a ese máis de medio millón de persoas, podemos facer un desglose por provincias.
A nivel territorial, as provincias do interior, tanto Lugo como Ourense, as provincias máis castigadas históricamente, foron as que máis evolucionaron.
Grazas ao Plan, esta é a situación actual das catro provincias galegas:
- Lugo: pasouse dun 54% de cobertura a máis do 92% en xuño de 2012
- Ourense: pasouse do 58% de cobertura no 2010 ao 97%
- Coruña: incrementouse a poboación con posibilidade de acceso á rede do 75% (ano 2010) ao 95%
- Pontevedra: o aumento case chega á totalidade da poboación. Pasouse do 78 ao 98%.
Estes avances reduciron a fenda dixital entre as provincias do interior e as do eixo atlántico do 20% existente antes do plan a un 2% en xuño de 2013.
Por iso, a misión do Plan Director de Banda Larga é posibilitar o acceso a banda larga a toda a sociedade galega, como un dos motores principais para o desenvolvemento de Galicia, situándoa entre as rexións de referencia no desenvolvemento das novas tecnoloxías e infraestruturas para a Sociedade da Información.
Amplía información consultando o Plan Director de Banda Larga

