Un uso moi interesante (sobre todo no verán) do portal Abertos é a publicación anual das praias galegas con bandeira azul. Dende a semana pasada está dispoñible o arquivo actualizado para a súa descarga.
Aquí tes a relación e localización dos 128 areais galegos que acadaron a distinción de bandeira azul en 2013.
O ficheiro .csv contén as referencias do nome da praia, o lugar, parroquia, concello -dun total de 36- e provincia no que se atopa, o tipo de ocupación que presenta na época estival (alta, baixa ou media), o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, coordenadas de xeolocalización e enderezo web para obter máis información do areal.
A partir desta última referencia web pódese ampliar a información aquí dispoñible coa que proporciona Turgalicia na súa páxina. Desta forma, e ademais de ver imaxes da praia en cuestión, poden consultarse os datos de acceso, distancia en quilómetros ás principais cidades galegas e tamén a que hai para acceder aos medios de transporte máis próximos (tren, aeroporto e estacións de autobús).
Accede aos datos aquí!

