Propósito de ano vello: escolle curso para rematar o ano

CeMIT_nov2014

Como sempre que compartimos información sobre os cursos da Rede CeMIT, o obxectivo e chamar a atención sobre o tipo de actividades que se celebran nas aulas CeMIT e que fagades clic no calendario de actividades no que podedes atopar os cursos que máis se axusten aos vosos intereses. Non agardedes ao 2015, podedes rematar o ano aprendendo sobre novas tecnoloxías.

Por orde, estaría ben asistir á actividade “Descubre a túa aula CeMIT”, o día 28 de novembro na aula CeMIT de Celanova, a partir das 11:00 da mañá. Quen sabe que servizos ofrece a Rede CeMIT?

En Arzúa, entre o 1 e o 3 de decembro terá lugar o curso “Compra por internet”, para a capacitación no uso do comercio electrónico. No mesmo lugar, o día 4 de decembro podedes aprender o máis importante sobre operacións bancarias online. Quen non ten algunha dúbida sobre este tema?

Aula-CeMIT

Aula CeMIT de Arzúa

Entre o 2 e o 12 de decembro, na aula CeMIT de Vilar de Santos, impartirase un curso sobre redes sociais para persoas maiores. Trátase de explicar que son as redes sociais e como inflúen nas relacións persoais.

Por último, pode resultarvos útil a actividade “Busca emprego na internet” que se vai a celebrar na aula CeMIT de Arzúa entre o 9 e o 12 de decembro. Explicaranvos os mecanismos que necesitades coñecer para a busca de emprego na rede. Para buscar emprego ou para promocionar a vosa empresa, necesitaredes crear un blog. En Ourense, entre o 9 e o 10 de decembro, compartirán con vós mecanismos e ferramentas para a creación de blogs. Tamén podedes ir un paso máis alá, ata Vimianzo, entre os días 10 e 22 de decembro, para coñecer as vantaxes no uso do comercio electrónico nas empresas e os mecanismos de implantación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.