Publícase o texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020

axendadixital

A semana pasada anunciábase a publicación do texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020. A Axenda debe impulsar a modernización tecnolóxica de Galicia. O obxectivo é que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico.

A presentación da Axenda Dixital 2020 daba comezo á Semana Dixital durante a cal a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebrou varios actos para explicar os eixos do texto e achegalo a empresas e cidadáns. A semana que vén falarémosvos do Fogar Dixital ou de Smarturismo, entre outros temas.

A nova estratexia busca acadar unha Administración innovadora, favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e a sanidade, e impulsar a dixitalización empresarial en sectores estratéxicos. A Axenda Dixital 2020 mobilizará máis de 1.500 millóns de euros.

Cómpre lembrar que a Axenda construíuse coa colaboración da sociedade galega e dos axentes económicos e sociais. E que é a continuación ao traballo feito coa 2014.gal Axenda Dixital de Galicia que contribuíu ao desenvolvemento da Administración electrónica, a reducir a fenda dixital e que desenvolveu programas específicos para a modernización de sectores como a agricultura, a pesca ou o turismo.

Por útlimo, subliñar os proxectos de Abalar que fixo que Galicia fose pioneira na implantación do libro dixital e na integración das TIC na práctica educativa, e o Plan de Banda Larga de Galicia cuxo seguinte obxectivo é despregar redes ultrarrápidas para que o 100% da poboación galega teña cobertura de 30 Mpbs como mínimo.

Axenda Dixital de Galicia 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.