Que é a marca persoal?

il3.ub.edu

Imaxe il3.ub.edu

O concepto de marca persoal vén da expresión inglesa personal branding que nace nun artigo escrito por Tom Peters en Fast Company en 1997: “The Brand Called You”; propoñía que “as grandes compañías entenden a importancia das marcas. Hoxe, na era das persoas, ti debes ser a túa propia marca”. Non é a primeira vez que vos falamos de marca persoal, de construír o voso perfil profesional na rede a través da comunicación en blogs e redes sociais.

Rafael Cera dános en PuroMarketing algúns consellos que debemos ter moi en conta. En primeiro lugar chama a atención sobre a importancia de non vender o que non somos; se vendemos o que se espera que vendamos non nos diferenciamos dos demais. Por outra banda, sinala que non podemos desvincular vida persoal e profesional na rede; como sempre vos recomendamos debemos coidar que compartimos na rede, e temos que saber que a información que compartamos relacionada coa nosa vida persoal ten que ser coherente co noso perfil profesional. Na rede é moi doado atopar incongruencias que nos perxudiquen no noso traballo.

Enrique Dans, experto en marketing e redes sociais apunta, entre outras cousas, á importancia de contar cunha estratexia; que obxectivos temos? En que ámbito quero posicionarme? Que lingua vou a empregar? Trátase de botar un ollo á competencia para saber que fan (ou que non fan) e de crear contido de interese que nos posicione cada vez mellor.

Xente Dixital con marca persoal

En Xente Dixital xa vos presentamos algunhas ferramentas interesantes para construír a vosa marca persoal. A semana pasada falabámosvos de about.me como ferramenta que permite contar cunha web persoal sinxela, con información profesional básica e enlace ás páxinas de redes sociais. Pero tamén podedes acceder á sección de guías prácticas para resolver calquera dúbida sobre as redes sociais que máis vos interesen.

Esta semana adentrarémonos no mundo dos blogs, outra ferramenta fundamental para a creación da marca persoal. Que preferides, Blogspot ou WordPress?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.