Seguro que vos preguntastes moitas veces que facer para que a vosa empresa “apareza en internet”. Esta semana queremos falarvos de SEO e SEM, de posicionamento e publicidade en internet.
SEO son as siglas en inglés de Search Engine Optimization (optimización en buscadores) ou Search Engine Optimizer (optimizador de motores de busca). O SEO non é máis que o proceso para mellorar a visibilidade do noso sitio web. Google dinos que pasos dar para conseguir un sitio optimizado:
- Ofrece aos usuarios a información que buscan. Crea contido de calidade e útil para a túa web. Isto atraerá visitas e provocará que outras webs enlacen co teu sitio.
- Asegúrate de que outros sitios conteñan ligazóns ao teu. As ligazóns permiten aos rastreadores atopar a túa web e ser máis visible nas páxinas de resultados de busca. Google interpreta unha ligazón dunha páxina A a unha páxina B como un voto da primeira pola segunda. Canto máis “importante” sexa a páxina que fai a ligazón mellor para o posicionamento da páxina enlazada.
- Asegúrate de que se pode acceder facilmente ao teu sitio. Crea unha estrutura de ligazóns lóxica. Debe poderse acceder a todas as páxinas dende, polo menos, unha ligazón de texto estático.
Como escribir para a web
Para mellorar o posicionamento dunha empresa na rede é fundamental aprender a escribir para internet:
- Pensa nos usuarios aos que queres chegar. Antes de escribir imaxina ao potencial cliente ao que te dirixes. É importante escoller as palabras clave que coincidan coa súa busca. E pensa no tipo de consumidor ao que te dirixes; axudarache a conseguir mellores resultados.
- Primeiro redacta, despois optimiza. Os que escribimos nunha contorna online sabemos que temos que incluír palabras clave, ligazóns…, para mellorar o posicionamento dunha web. Pero máis importante é crear un texto claro e orixinal; cando teñamos o primeiro borrador podemos revisalo e engadir algunha palabra clave ou ligazón que non incluiramos.
- Crea unha estratexia de contidos. É algo tan sinxelo como contar cunha lista de temas e dispoñelos de forma lóxica no calendario. Desta maneira non se che vai a escapar ningún tema de interese para os teus seguidores.



Además, es importante no solo centrarse en conseguir usuarios, sino también en que los usuarios se conviertan en clientes y aumentar así nuestras tasas de conversión realizando una web pensada y diseñada para los clientes.
Saludos.
Es importante tener en consideración todas las cosas que planteas en este artículo, pero muchos por no decir la gran mayoría de las webs de las organizaciones, están a años luz de seguir estos consejos.
Por ejemplo, comparto con vosotros un estudio que he realizado sobre SEO OnPage de las webs de algunas de las empresas u organizaciones más importantes de Santiago (http://www.marketingok.es/2015/06/seo-y-posicionamiento-web-en-santiago-de-compostela/), como podeis constatar estas empresas tienen mucho que trabajar el SEO y lo más grave es que son las que tiran del carro en la ciudad de Compostela.
Muchas gracias por el comentario y la aportación Santi. Y tienes mucha razón. A estas alturas no podemos permitirnos esos resultados. Queda mucho por hacer.
Con respecto al tema del posicionamiento, he de decir que en Santiago las empresas no están por la labor de momento. El modelo de empresario quiere monetizar a corto plazo, craso error, algunas estrategias planteadas en Internet llevan su tiempo y esto no lo entienden. A largo plazo es comida para hoy hambre para mañana.
En relación al artículo de Santi os muestro un ejemplo de posicionamiento que habla sobre SEO en Santiago:
http://www.luisben.com/alerta-seo-en-santiago-de-compostela/
Gracias por la aportación Luis 🙂
Un buen consejo el de “primero redacta y luego optimiza”, hay de los que solo piensan en las palabras clave y se llegan a leer párrafos con muchas incoherencias.
Saludos!