Que mercamos en Internet?

O INE (Instituto Nacional de Estadística) vén de presentar os últimos datos sobre equipamento e uso das TIC en España no 2013. Destaca que o 64,7% dos fogares galegos conta con conexión a Internet, e que en máis da metade das vivendas con conexión á rede, acceden tamén vía móbil.

En canto ao uso das TIC, sabemos que o 66,4% dos galegos empregaron o ordenador nos últimos 3 meses e que o 65,3% se conectou a Internet. Chama a atención que o 21,2% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet. Esta semana preguntámonos que mercamos na rede, como o facemos e se é máis ou menos seguro.

foto infocux technologies

Foto Infocux Technologies

Dos datos que nos dá a enquisa do INE sobre o uso das TIC, detivémonos no tipo de produto que mercamos en España a través de Internet. Do total dos compradores online, o 48% reservamos o aloxamento para as vacacións (hoteis, apartamentos, etc.) e o 44,5% contratamos outros servizos para viaxes: billetes de transporte público, aluguer de coches, etc.

 

Tamén destacan as entradas para espectáculos (36,6%) e os libros (ou libros electrónicos), revistas e xornais (21%). Somos poucos os que mercamos produtos de alimentación (12,2%) e case ningún adquire medicamentos na rede (1,2%).

comercioelec

Fonte INE

Xa sexa unha viaxe ou unha entrada para un concerto, convén mercar e, sobre todo, confiarlle datos persoais e bancarios a páxinas web fiables. Esta semana veremos como comprar en Internet de forma segura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.