O luns falabámosvos do Índice Dixital da Comisión Europea, indicador que verifica o grao de inmersión de cada un dos países da Unión na comunidade dixital. Cal foi a evolución de España en materia de conectividade, capital humano ou uso de internet no último ano?
A nota de España é de 0,49 e ocupa o posto 12 entre os 28 estados membros. Melloramos en todos os ámbitos examinados polo DESI. Experiméntase unha evolución, sobre todo, en conectividade, polo despregamento das redes de banda larga.
España presenta debilidades no lado da demanda con niveis baixos de competencias dixitais e uso de internet. E fortalezas no lado da oferta: cada vez máis empresas venden en liña e empregan a facturación electróinca e os servizos públicos dixitais constitúen o ámbito no que España se comporta mellor.
A continuación podedes ver os datos máis relevantes sobre conectividade, capital humano ou uso de internet. Se facedes clic aquí podedes consultar o perfil completo e a información sobre integración da tecnoloxía dixital e servizos públicos dixitais.





